lunes, 27 de junio de 2022
QUE É O PROGRAMA ERSMUS+
Que é o programa Erasmus +?
O Erasmus + é un programa europeo que ten a súa orixe no programa Erasmus, iniciado no ano 1987 para ofrecer a alumnos universitarios a posibilidade de cursar estudos durante un curso académico nunha universidade noutro país membro da UE.
Desde o 2014, o programa ampliou o seu alcance e envergadura para ofrecer oportunidades de formación non só no ámbito universitario, tamén nos ámbitos de educación, formación, xuventude e deporte durante o período 2014-2020. O programa Erasmus + trata de impulsar as perspectivas laborais e o desenvolvemento persoal, ademais de axudar aos nosos sistemas de educación, formación e mocidade a proporcionar un ensino e unha aprendizaxe que doten ás persoas das capacidades necesarias para o mercado laboral e a sociedade actual e futura.
O programa abrangue diversas posibles accións:
Acción clave 1 – Mobilidade das persoas por motivos de aprendizaxe
Acción clave 2 – Cooperación para a innovación e o intercambio de boas prácticas
Acción clave 3 – Apoio á reforma das políticas
Accións Jean Monnet
Deporte
En España son dúas as organizacións designadas como axencias nacionais para a xestión coordinada do programa Erasmus +: o Servizo Español paraa internacionalización da Educación (SEPIE), para o ámbito da educación e a formación; e a Axencia Nacional Española (ANE).
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
QUE É O PROGRAMA ERSMUS+
Que é o programa Erasmus +? O Erasmus + é un programa europeo que ten a súa orixe no programa Erasmus, iniciado no ano 1987 para ofrecer...
No hay comentarios:
Publicar un comentario